Promoción Económica

Promoción Económica

O Concello de Carballo presentou a nova ferramenta de xestión da Bolsa de Traballo na feira do emprego e da formación Sinerxias

Venres 19 de abril do 2024 Promoción Económica

Stand da BDT do Concello de Carballo

Stand da BDT do Concello de Carballo

O polígono de Carballo acolleu este venres a segunda edición da Feira do emprego e a formación Sinerxias, organizada pola comunidade de propietarios do polígono industrial coa colaboración do Concello de Carballo. A feira celebrouse no centro social de Bértoa, e contou coa participación de máis de 20 entidades relacionadas co ámbito laboral: empresas, centros de formación, fundacións, Administracións públicas, centros especiais de emprego... Unha delas foi a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo (BDT), que, ademais de informar aos visitantes sobre os servizos que presta, presentou a nova ferramenta informática de xestión do servizo municipal, que ten como finalidade facilitar o labor de intermediación laboral tanto para as empresas coma para os/as traballadores/as.

Conferencia inaugural de Mané Calvo

Conferencia inaugural de Mané Calvo

En paralelo, ao longo da xornada desenvolveuse un programa de charlas e mesas redondas nas que se abordaron distintos aspectos relevantes sobre a xestión do talento, a formación dispoñible no territorio ou o futuro empresarial da zona. No acto inaugural participou o concelleiro de Innovación, Fondos europeos, Formación, Emprego e Axenda urbana, Iván Andrade. A conferencia de apertura correu a cargo de Mané Calvo, conselleiro delegado de Nauterra.

Compartir: