Promoción Económica

Promoción Económica

Horto Infantil Ecolóxico

Actividades no Horto Infantil Ecolóxico

Un dos obxectivos do Concello é o de poñer en valor a economía tradicional entre os máis cativos e cativas para que as vindeiras xeracións establezan lazos efectivos coa súa contorna natural e valoren a terra como fonte de vida e desenvolvemento, aprendendo a non degradala e a respectala deseñando actividades que sirvan para educar no medio, sobre o medio e para o medio.  

Para iso, transformouse un espazo municipal nun horto ecolóxico.  


O recinto conta cunha ampla zona de cultivo ao aire libre, unha caseta destinada a almacén, unha aula, un invernadoiro e unha zona de compostaxe.

Cartaz Horto Infantil Ecolóxico

Neste espazo as nenas e os nenos participantes poden divertirse ao tempo que se sensibilizan e se educan nos valores do medio rural e natural a través dunha serie de actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano. Para participar nas actividades, organízanse diferentes obradoiros en  grupos dun máximo de 20 nenas e nenos en dúas sesións de hora e media á semana. Así mesmo, hai varias actividades transversais implantadas a través dos centros de ensino e en entidades como APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais) para favorecer a integración.

Horto Infantil Ecolóxico Municipal

Rúa Nardos, s/n,
15100 - Carballo
Email: hortoinfantilcarballo@gmail.com

Ligazóns

Compartir: