Explorando as pozas da marea

Mércores 5 de xullo do 2023 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo

Achega e descuberta das pozas de marea, microhábitats costeiros que acollen unha interesante biodiversidade; peixes, crustaceos, algas, etc.

Eu quero Razo Baldaio

Flora e fauna das contornas dunares

Sábado 8 de xullo do 2023 De 18:30 h a 21:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

Baldaio áchase coma un espazo natural chea de vida, no que crecen , repousan, se alimentan e crían unha gran variedade de especies, que merecen ser coñecidas e respetadas.

Obradoiros de restauración das esculturas do litoral

Do luns 10 de xullo ata o venres 14 de xullo do 2023

O público en xeral poderá achegarse a ver como se restauran o arroaz de Baldaio, a Píllara de Razo e o Enebria de Santa Irene, que será realizada polo autor das esculturas.

Xornada de eliminación de invasoras

Xornada de eliminación de invasoras

Mércores 12 de xullo do 2023 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

Actividade para a eliminación de especies exóticas invasoras presentes en Razo Baldaio prestando especial interese a aquelas especies que poidan ser máis perxudiciais para o ecosistema.

Obradoiro de creación da escultura do Xestal

Do mércores 12 de xullo ata o venres 14 de xullo do 2023 Praia de Razo

Achégate ao campo da praia de Razo para ver o espectáculo do escultor “Josi”, quen realizará unha escultura feita con motoserra.

Eu quero Razo Baldaio

Obradoiro de pegadas e indicios

Do sábado 15 de xullo ata o domingo 16 de xullo do 2023 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza

Dúas xornadas para o achegamento básico ás especies máis salientables da nosa fauna autóctona a través de métodos non invasivos como o estudo das pegadas e indicios que nos van deixando os animáis.

Eu quero Razo Baldaio

Segredos culturais da costa carballesa

Sábado 22 de xullo do 2023 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza

Ruta itinerante de carácter interpretativo en bus, pasando poos lugares de interese cultural máis importantes das parroquias de Oza, Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.

Eu quero Razo Baldaio

A noite das avelaíñas

Mércores 26 de xullo do 2023 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio

Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.

RUTA A RAZO POLA SENDA PEONÍL

RUTA A RAZO POLA SENDA PEONÍL

Sábado 29 de xullo do 2023 10:30 - 13:30horas - Parking Gadis (CC Bergantiños)

Ruta andando a Razo desde Carballo na cal contaremos coa entidade deportiva Xiria, que poñerá a coordinación da acción.

Eu quero Razo Baldaio

Roteiro nocturno

Sábado 5 de agosto do 2023 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza

Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.

Eu quero Razo Baldaio

As orixes da costa de Carballo

Sábado 12 de agosto do 2023 De 10:30 h a 13:30 h en Razo, fronte ao Bar Cordobés

Ruta xeolóxica de carácter interpretativo visitando o spuntos máis interesantes da costa. Faias, praia fósil, ou a formación da lagoa son alúns dos puntos salientables deste percorrido.

Eu quero Razo Baldaio

Iniciación á Ornitoloxía

Mércores 16 de agosto do 2023 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

Achegamento á avifauna de Baldaio: Roteiro interpretativo dirixido á observación e identificación das especies presentes no espazo natural protexido.

Compartir: