PROGRAMA 2023


A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición, debido a que van a ser grupos moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e o uso sustentable que queremos promover na mesma. A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual.
As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

XULLO

  • DÍA 5: EXPLORANDO AS POZAS DA MAREA
  • DÍA 8: FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES
  • DO 10 AO 14 DE XULLO: OBRADOIROS DE RESTAURACIÓN DAS ESCULTURAS DO LITORAL.
  • DÍA 12: XORNADA DE ELIMINACIÓN DE INVASORAS
  • DÍAS 12, 13 e 14: OBRADOIRO DE CREACIÓN DA ESCULTURA EN MADEIRA DE HOMENAXE AO XESTAL, HABERÁ INAUGUARACIÓN HOMENAXE.
  • DÍAS 15 E 16: OBRADOIRO DE PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
  • DÍA 22: RUTA CULTURAL POLA COSTA DE CARBALLO
  • DÍA 26: A NOITE DAS AVELAIÑAS
  • DÍA 29: RUTA ANDANDO A RAZO

AGOSTO

  • DÍA 5: ROTEIRO NOCTURNO POLA EIRA DAS MEIGAS
  • DÍA 12: AS ORIXES E A XEOLOXÍA DA COSTA DE CARBALLO
  • DÍA 16: INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA
  • DÍA 19: FESTA DA PRAIA E ACTUACIÓN DE CIRCUS MAGNÍFICOS
  • DÍA 19: NOITE DE ASTRONOMÍ
  • DÍA 23: SIMULACRO DE RESCATE DE CETÁCEOS
  • DÍA 26: LIMPEZA COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO, PLÁSTICOS E MICROPLÁSTICOS

ESCULTURA DO XESTAL EN MADEIRA

Achégate ao campo da praia de Razo para ver o espectáculo do escultor “Josi”, quen realizará unha escultura feita con motoserra nun tronco de piñeiro de 2 metros de alto por 0.80 de diámetro.
Farase unha inauguración homenaxe e logo a escultura será trasladada a onde o Concello estime.

OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN DAS ESCULTURAS DO LITORAL

O público en xeral poderá achegarse a ver como se restauran o arroaz de Baldaio, a Píllara de Razo e o Enebria de Santa Irene, que será realizada polo autor das esculturas.

RUTA A RAZO POLA SENDA PEONIL

Cremos que a nova senda peonil a Razo debe ser unha ruta que hai que promover para crear unha unión maior entre a cidade e a praia de Razo, co obxectivo de que se converta nunha ruta habitual. Para a realización desta actividade contaremos coa entidade deportiva Xiria, que poñerá a coordinación da acción, que organizará actividades lúdicas para cando as persoas participantes vaian chegando a Razo.
Tamén haberá unha merenda para repoñer forzas e ademais dispoñeranse medios de retorno para as persoas que así o desexen.

Ligazóns

Descargas

Compartir: