Presentación

Escultura da Pillara das Dunas, realizada no 2019

Escultura da Píllara das Dunas, realizada no 2019

Despois do éxito acadado o pasado ano, desde o Concello de Carballo poñemos en marcha unha nova edición do proxecto “Eu quero Razo - Baldaio”, onde se pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral.

Volvemos a contar coas entidades ambientais que desde fai anos veñen desempeñando unha imprescindible acción de compromiso coa sustentabilidade da nosa costa,  sendo interese común a valorización do contorno co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte.

Este ano realizaranse algunhas accións coas que pretendemos sensibilizar á poboación da importancia que ten a redución do uso do plástico, estas accións realizaranse sen previo aviso e consistirán en detectar os microplásticos existentes nos areais do mundo e que nos pasan desapercibidos.

Nesta mesma liña está a outra acción prevista, que ven a complementar a creación da escultura colectiva da “Píllara das Dunas” en vimbio que se realizou na edición anterior. Este ano iremos un paso mais alá e crearase unha escultura dun “Arroaz” pero en lugar de usar vimbio, usarase fío de plástico que será xerado polos usuarios e usuarias de Aspaber nas súas casas, por medio dunhas ferramentas manuais específicas, deseñadas polo artesán carballés Fabián Lage, este fío será usado nun obradoiro para confeccionar a escultura baixo a dirección de Inés Rodríguez, unha artesá especializada en tecer con novos materiais. Todas estas accións serán de libre acceso ata cubrir prazas, previa inscrición na web do Concello, tendo todas as accións un grupos reducidos.

Xullo

  • Mércores, 1: Segredos Culturais da costa carballesa
  • Sábado, 4: Iniciación á ornitoloxía: Píllara das dunas, a xoia de Baldaio
  • Mércores, 8: Identificación de especies invasoras
  • Sábado, 11: Identificación de especies invasoras
  • Mércores, 15: Xornada de eliminación de ivasoras
  • Xoves, 16: Obradoiro de reciclaxe, Arroaz de plástico
  • Venres, 17: Obradoiro de reciclaxe, Arroaz de plástico
  • Sábado, 18: Flora e Fauna das contornas dunares
  • Mércores, 22: As orixes da costa de Carballo
  • Sábado, 25: Obradoiro de biodiversidade e roteiro interpretativo
  • Mécores 29: Flora e Fauna das contornas dunares

Agosto

  • Sábado, 1: Obradoiro de pegadas e indicios
  • Domingo, 2: Obradoiro de pegadas e indicios
  • Mécores, 5: Limpeza de praias: Plásticos e microplásticos
  • Sábado, 8: Roteiro nocturno
  • Mércores, 12: Secredos culturais da costa carballesa
  • Mércores, 19: Iniciación á ornitoloxía: Píllara das dunas, a xoia de Baldaio
  • Sábado, 22: Limpeza de praias: Plásticos e microplásticos
  • Mércores, 26: Roteiro polas microreservas de flora ameazada
  • Sábado, 29: A note das avelaíñas

Medidas de Prevención e Seguridade

Medidas de prevención necesarias durante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

Acordo sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade. Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

Rogamos aos participantes de cada actividade que respecten as normas de seguridade prevención, tales como distanciamento interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

Debido as restrincións de aforo, as prazas serán limitadas.

Ligazóns

Descargas

Compartir: