Inicio Carballo ao día Avisos Cambios na circulación pola rúa...

Cambios na circulación pola rúa Río Miño

Venres 22 de marzo do 2024

Xa se pode circular pola rúa Río Miño en ámbolos dous sentidos.

Despois de constatar o funcionamento do plan de tráfico elaborado pola Concellaría de Mobillidade para facilitar a circulación, na medida do posible, desde onte pola tarde xa está operativa unha das medidas previstas para cando se produza o peche da ponte da Casilla.

Deste xeito, recoméndase a utilización da rúa Río Miño EXCLUSIVAMENTE PARA TURISMOS que se dirixan cara o polígono industrial de Bértoa ou á Coruña. No San Martiño deberán xirar obrigatoriamente á dereita para continuar por Santa Ana e Vila de Negreira.

Calquera incidencia relacionada co tráfico pode comunicarse á Policía Local nos teléfonos 092 ou 981 701 722.

Grazas pola colaboración.

Compartir: