Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo participa un ano...

PRAZO DE INSCRICIÓN DESDE O 9 DE NOVEMBRO ATA O 1 DE DECEMBRO

O Concello de Carballo participa un ano máis na Campaña de Neve 2024, dirixida á rapazada de 11 a 15 anos

Mércores 8 de novembro do 2023 Deporte

Estación de esquí de Valgrande-Pajares

Estación de esquí de Valgrande-Pajares

O Concello de Carballo participa un ano máis na Campaña de Neve da Deputación da Coruña, que volverá a celebrarse na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. Poderán participar 13 nenos e nenas de idades comprendidas entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2023) e que estean empadroados no noso municipio.

Os nenos e nenas de Carballo participarán na terceira quenda da campaña, do 26 ao 29 xaneiro. O prazo de preinscrición está aberto do 9 de novembro ao 1 de decembro.

No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas realizarase un sorteo público para adxudicalas o martes día 12 de decembro ás 10:00 h. na casa do concello. Terán preferencia os/as solicitantes que non participasen en ningunha campaña de inverno anterior da Deputación da Coruña. A cota de participacion individual é de 85,00 €, que se aboará no momento e forma que a institución organizadora determine unha vez adxudicadas as prazas.

Ligazóns

Descargas

Compartir: