Corte de tráfico na rúa Lugo a partir do luns 17 de outubro para acometer as obras de reurbanización
Venres 14 de outubro do 2022
A rúa Lugo estará pechada ao tráfico a partir do luns para poder acometer as obras de reurbanización, que foron adxudicadas á empresa Excavaciones y Obras Candal por 47.446,81 euros. O proxecto, que forma parte do plan director dos Baños Vellos, inclúe a renovación ou instalación dos servizos urbanísticos e a pavimentación da vía.
Debido ao peche da rúa Lugo, o acceso ao aparcamento do Casino deberá realizarse pola rúa Ponte.
Desculpade as molestias.