Aínda podes participar na campaña de promoción do comercio que organiza a Concellaría de Promoción Económica
Mércores 27 de novembro do 2019
A Concellaría de Promoción Económica decidiu ampliar ata o venres 29 de novembro o prazo para participar na campaña de promoción do comercio local que se levará a cabo durante as festas de Nadal para poder atender a gran demanda de participación, que acada xa os 85 establecementos. Os/as interesados/as poden anotarse cubrindo o formulario online que atoparán máis abaixo.
Nesta ocasión cada establecemento terá un selo co seu nome comercial co obxectivo de que a clientela poida ir xuntando selos de distintos negocios nunha tarxeta que se lles entregará. En función do número de selos terán opción a distintos agasallos.