Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha a campaña de...

PAGAMENTO DE IMPOSTOS

O Concello pon en marcha a campaña de recadación tributaria de setembro

Xoves 18 de agosto do 2005

Unha vez reciban as cartas, os contribuíntes poderán consultar os seus datos tributarios referidos a estes impostos no servizo de Xestión e Inspección tributaria do Concello, para aclarar ou rectificar os datos que sexan incorrectos.

O día 1 de setembro, aprobaranse na Xunta de Goberno Local os Padróns destes dous impostos, que conterán xa os datos retificados. O pagamento poderase facer entre o xoves 15 de setembro e o luns 21 de novembro, nas oficinas da Recadación municipal, sita na R/Camiño Novo, 7, entreplanta Galerías Comerciais, en horario de 9:00 a 13:30 horas, e de 16:00 a 18:00 horas, de luns a venres.

Os contribuíntes que desexen domiciliar os seus pagamentos, poderano facer entregando a folla informativa que van recibir, debidamente asinada e cumprimentada, antes do 1 de setembro nas Oficinas da Recadación Municipal. Os recibos domiciliados cobraranse a partir do 17 de outubro de 2005.

Compartir: