Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Transfusión agradécelle...

DOAZÓN DE SANGUE

O Centro de Transfusión agradécelle ao alcalde a colaboración na campaña de verán

Luns 22 de agosto do 2005

"Grazas á solidariedade dos veciños de Carballo será posible realizar, por exemplo, 63 intervencións cirúrxicas ou catro transplantes de fígado, e obterse 31 litros de plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados ou enfermidades crónicas", explicaba o coordinador de campañas de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, Julio A. Flores Pérez, nunha carta remitida ao alcalde de Carballo en agradecemento pola súa colaboración.

O obxectivo principal da campaña Comparte saúde. Doa sangue é o de ampliar a base de doadores de Galicia, para poder cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos, e tamén para acadar unha base de doadores ampla de abondo para garantir a resolución de posibles situacións de emerxencia, especialmente en épocas coma o verán.

O Centro de Transfusión destacou os esforzos do Concello por promover a campaña que se realizou entre o 1 e o 2 de agosto e agradeceulle a súa participación "aos homes e mulleres que cada ano doan sangue en Carballo e que permiten, mediante este acto altruísta, que moitos enfermos poidan recuperar a súa saúde".

Compartir: