Inicio Carballo ao día Novas As bandeiras azuis ondean xa nas praias de Pedra...

As bandeiras azuis ondean xa nas praias de Pedra do Sal, As Saíñas e Razo

O alcalde, o concelleiro de Medio Ambiente, responsables de Protección Civil e socorristas participaron no izado

Venres 15 de xuño do 2018

A Senda do Mar Razo-Baldaio conta de novo co certificado de Sendeiro Azul

A Senda do Mar Razo-Baldaio conta de novo co certificado de Sendeiro Azul

As bandeiras azuis chegaron este ano antes que o bo tempo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, acompañados por responsables de Protección Civil e socorristas de cada un dos postos izaron hoxe os estandartes que ondearán durante todo o verán nas praias de Pedra do Sal, As Saíñas e Razo. Este ano, ademais, o traballo de mellora permanente dos servizos e da calidade ambiental vén de ser recoñecido tamén cun Sendeiro Azul para a Senda do Mar Razo-Baldaio que tamén conta co seu propio certificado.

O litoral carballés está preparado para a temporada turística. Desde o 1 de xuño está operativo o servizo diario de limpeza nos areais de Razo, As Saíñas, Pedra do Sal, Arnela e Leira, con labores diarios de posta a punto tanto nas propias praias como nos accesos, aparcadoiros, zonas verdes, postos de socorristas, servizos hixiénicos e baleirado de papeleiras. Tamén se procedeu nos últimos días ao lavado de todos os colectores de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida.

En materia medioambiental extremamos as medidas de precaución e información para evitar afeccións na zona de aniñamento da píllara das dunas, na que os traballos de limpeza serán manuais e máis esporádicos. E ademais temos distribuída polos arenais nova cartelería na que se lembra a prohibición da presenza de cans nas praias durante toda a temporada alta.

Desde o día 9 tamén está operativo o equipo de salvamento e socorrismo cos 20 primeiros integrantes, que conta ademais con reforzos de persoal da Cruz Vermella en prácticas. A partir de xullo intentaremos reforzar o servizo. Agora só falta que chegue o calor.



Galería

Compartir: