Inicio Carballo ao día Novas A empresa concesionaria da xestión dos...

A empresa concesionaria da xestión dos residuos leva a cabo unha nova campaña de lavado de contedores

Os operarios de Urbaser UTE empezaron a traballar pola zona costeira e continuarán polo resto das parroquias ata completar todo o territorio

Xoves 7 de xuño do 2018

Hoxe os traballos centráronse na parroquia de Berdillo

Hoxe os traballos centráronse na parroquia de Berdillo

A posta a punto de todos os servizos de cara á inminente temporada estival inclúe tamén o lavado dos contedores de lixo. A empresa concesionaria da xestión dos residuos no noso concello, Urbaser UTE, dedicou os primeiros días desta semana á limpeza dos colectores distribuídos pola zona costeira.

Esta terceira campaña de lavado que se leva a cabo no que vai de ano céntrase na zona rural. Os operarios xa estiveron traballando nos últimos días non só nas parroquias costeiras, senón tamén en parte de Oza, Cances e Xoane, e hoxe mesmo atópanse na parroquia de Berdillo.

No municipio de Carballo contamos con preto de 1.000 contedores.

Compartir: