Inicio Carballo ao día Novas Adxudicado o contrato de servizos de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicado o contrato de servizos de formación en cociña e aprobadas as bases para a selección do alumnado

A empresa Garfio de Barizo SL encargarase da xestión da Escola de Hostalaría durante dous anos por un importe total de 199.529 euros

Luns 4 de xuño do 2018

Os/as aspirantes que superaran a primeira proba na convocatoria anterior seguirán co proceso

Os/as aspirantes que superaran a primeira proba na convocatoria anterior seguirán co proceso

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a proposta da mesa de contratación para adxudicar á empresa Garfio de Barizo SL o contrato de servizos de formación en cociña por un período de dous anos, prorrogable por un ano máis. O acordo adoptado suporá na práctica, despois de dous procesos anteriores que non chegaron a bo porto, a posta en marcha dunha Escola de Hostalaría pioneira en Galicia, que ten como reto preparar ás primeiras promocións de profesionais da cociña formados cun programa propio e específico, adaptado ás necesidades laborais do sector e financiado exclusivamente con fondos municipais.

O Concello de Carballo destinará á Escola de Hostalaría 199.529 euros nos próximos dous anos para formar a 30 persoas, 15 por curso. A calidade é o eixo de todo o proxecto, comezando polas instalacións do Fórum Carballo, que están entre as mellores de Galicia. Segundo as condicións establecidas, cada curso constara de 1.135 horas teórico-prácticas, das que obrigatoriamente 30 destinaranse á realización de demostracións prácticas do traballo (comidas degustación e showcooking) e outras 30 a masterclass. A maiores, o alumnado realizará 320 horas de prácticas profesionais en empresas. Ao dunorganización en hostalaría, preelaboración e conservación de alimentos, produtos e técnicas culinarias, cociña tradicional e de vangarda, panadaría e repostería, e seguridade e hixiene na manipulación de alimentos.

Ademais da adxudicación do contrato, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe tamén as bases para a selección do alumnado, co obxectivo de que o curso empece no mes de setembro. Os/as aspirantes deben ter cumpridos 18 anos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente a nivel profesional. Aquelas persoas que se presentaran na anterior convocatoria e superaran satisfactoriamente o primeiro exercicio continuarán no proceso, pero é indispensable que presenten unha nova solicitude de inscrición. O sistema de selección será similar, con tres probas eliminatorias: exame escrito de contidos teóricos, entrevista curricular e por competencias e proba práctica. A folla de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as no segundo andar do Fórum Carballo e nesta páxina web a partir da apertura do prazo de inscrición.

Outros acordos

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe o programa de exercicio físico para maiores, un convenio de colaboración coa Escola Universitaria de Turismo do Centro Español de Nuevas Profesiones para acoller a unha alumna en prácticas, dous vaos permanentes e dúas licenzas de obra para outras tantas naves no polígono industrial de Bértoa.

En materia de contratación, entre outras propostas, aprobouse o inicio do proceso para a prestación de servizos de organización, vixilancia e limpeza do espazo público no que se desenvolve o mercado da Milagrosa por un período de 4 anos. E ademais da formación en cociña procedeuse á adxudicación do subministro de melloras das instalacións  electromecánicas da ETAP e das EDAR de Carballo e Razo á empresa Gestagua por un importen de 208.186 euros. Tamén foi adxudicado o contrato para a colocación de postos durante as festas de San Xoán á empresa Pombo Eventos Atracciones de Ferias SL por un canon de 24.900 euros máis IVE.

Fóra da orde do día foron deuse luz verde ao pago de 201 facturas por un importe total de 106.988,25 euros e tamén se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións de promoción económica, o programa da Pequefeira e a subvención e o programa das festas de San Xoán.

Compartir: