Inicio Carballo ao día Novas A Concellaría de Promoción...

A Concellaría de Promoción Económica reforza a campaña “Quere o teu mercado” co sorteo dunha viaxe a Madeira

Entre o 24 e o 31 deste mes de maio, os clientes dos postos do Mercado Municipal recibirán boletos para o sorteo por cada 5 euros de compra

Mércores 23 de maio do 2018

O Concello de Carballo xa participou o ano pasado na campaña

O Concello de Carballo xa participou o ano pasado na campaña

Estes días comprar no Mercado Municipal de Carballo ten premio. A Concellaría de Promoción Económica reforza a campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, co sorteo dunha viaxe a Madeira (Portugal). A partir de mañá, 24 de maio, e ata o día 31, por cada 5 euros de compra entregaranse aos clientes boletos para participar no sorteo. As persoas participantes deberán cumprimentalos cos seus datos e depositalos nunha urna que estará situada no propio mercado.

O sorteo realizarase o día 31 ás 11 horas. O premio consistirá nunha viaxe para dúas persoas que inclúe os voos directos dende Santiago, os traslados entre os aeroportos e o hotel e seis noites de estancia nun hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo. A persoa gañadora terá de prazo para gozar do seu premio ata o 30 de novembro.

O Concello de Carballo destaca o importante dinamizador que ten o Mercado Municipal, que é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada. O obxectivo da campaña é, precisamente, poñer en valor ese papel revitalizador e fomentar o consumo local.



Galería

Compartir: