Inicio Carballo ao día Hemeroteca O reloxo da Casa do Concello volverá...

OBRAS

O reloxo da Casa do Concello volverá funcionar

Martes 16 de agosto do 2005

O Concello de Carballo decidiu substituír o actual mecanismo que acciona as agullas e o reloxo de control, por un reloxo dixital que actualiza a hora de xeito automático. O mecanismo actual do reloxo foi instalado cando se construíu a Casa do Concello, a comezos dos anos 70, e o seu estado e de "deterioro absoluto", segundo explicou o concelleiro delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña.

"Estes últimos anos foise mantendo cun funcionamento deficiente pero finalmente optouse por facer unha reforma en profundidade", sinalou o edil. O novo reloxo patrón poderase programar cada ano, permitirá o cambio estacional do horario, e contará cun calendario perpetuo.

As horas soarán ás en punto, ás medias e aos cuartos e existe a posiblidade de porgramar o reloxo para que non soe nos períodos horarios desexados, co fin de non molestar o vecindario.

Compartir: