Inicio Carballo ao día Novas A Concellaría de Terceira Idade leva o...

A Concellaría de Terceira Idade leva o baile a seis parroquias con música en directo todos os domingos de outubro

A primeira sesión, que estará amenizada polo Dúo Sintonía A Coruña, será mañá no centro social de Imende

Sábado 30 de setembro do 2017

Imaxe do baile celebrado no Centro Social de Berdillo

Imaxe do baile celebrado no Centro Social de Berdillo

Despois da excelente acollida que tiveron os bailes celebrados en Cances en Berdillo, a Concellaría de Terceira Idade volve a levar a música ás parroquias. Cada domingo do mes de outubro haberá baile con actuación en directo nalgún dos centros sociais distribuídos por todo o territorio. O primeiro foi este domingo en Imende, na parroquia de Noicela, onde actuou o Dúo Sintonía A Coruña desde as 18 ata as 21 horas.

O mesmo conxunto e co mesmo horario actuará o día 8 no centro social de Cances, o 15 no de Oza, o 22 no de Sofán, o 29 no de Ramil de Rus e o 5 de novembro no de Berdillo. En total, seis sesións de música en directo e baile coas que tamén se pretenden fomentar as relacións entre a veciñanza das 18 parroquias do noso concello.

Compartir: