Inicio Carballo ao día Novas O Fórum Carballo acollerá o...

O Fórum Carballo acollerá o vindeiro curso catro accións formativas para desempregados

As especialidades concedidas son programación de sistemas informáticos, servizo de bar e cafetería, soldadura con electrodo revestido e TIG e montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

Martes 1 de agosto do 2017

O Fórum Carballo acollerá a partir de setembro catro accións formativas para desempregados financiadas pola Xunta de Galicia. O vindeiro curso poderán formarse de cara á súa inserción no mercado laboral un total de 60 persoas nas especialidades de Programación de sistemas informáticos (608 horas) Servizo de bar e cafetería (658 horas), Soldadura con electrodo revestido e TIG (698 horas) e Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas en baixa tensión (938 horas). O investimento nestas catro accións formativas acada os 284.490 euros.

Terán preferencia para participar nos cursos as mulleres, especialmente as vítimas de violencia de xénero; persoas desempregadas de longa duración, menores de 30 anos que ademais teñan algunha discapacidade ou estean en risco de exclusión social e persoas con baixa cualificación. No caso de que quedasen prazas baleiras poderían admitirse ata un 25% de persoas ocupadas, que deberán realizar a solicitude pertinente.

Os cursos AFD tamén inclúen prácticas en empresas, módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

Ligazóns

Compartir: