Inicio Carballo ao día Novas A Policía Local pon en marcha no IES...

A Policía Local pon en marcha no IES Alfredo Brañas o programa anual de educación viaria nos centros de ensino

Un total de 217 alumnas e alumnos do instituto participarán nas charlas

Venres 17 de febreiro do 2017

A Policía Local de Carballo leva este ano por primeira vez o seu programa de educacion viaria ao IES Alfredo Brañas. O xefe da policía, Roberto Mosquera, e os axentes de mobilidade José Ramón Anido e Antonio Andrade, estiveron hoxe co primeiro grupo de alumnas e alumnos que participarán na iniciativa. Serán, en total, 217 estudantes de 1º e 2º da ESO. Despois do debut de hoxe, con moita participación por parte do alumnado, as próximas charlas celebraranse os días 10 e 17 de marzo.  

O programa anual de educación viaria tamén regresará este curso ás unitarias. Os axentes estarán o 1 de marzo nas escolas de Artes e Berdillo, o 2 nas de Sísamo, Cances e Xoane, e o 8 nas de Mirón e A Rega (Bértoa). Con esta actividade, que ten moi boa acollida entre os nenos e nenas, trátase de inculcarlles unha serie de normas básicas que poden utilizar na súa vida diaria coma peóns, coma ciclistas ou pasaxeiros de vehículos, ademais de preparalos, sobre todo aos de máis idade, para a súa condición futura de condutores de distinto tipo de vehículos.  

Compartir: