Inicio Carballo ao día Hemeroteca Subscrito un convenio para a actuación en...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Subscrito un convenio para a actuación en emerxencias e a prevención e extinción de incendios forestais

Luns 19 de xullo do 2010

Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo sacar adiante outros acordos como unha addenda ao Convenio de colaboración asinado entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta e o Concello para o acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada AC-416 ou travesía de Malpica; ou un convenio coa Asociación Cultural Coro Vagalume para a realización dun total de seis representacións teatrais por parte do grupo de teatro Vagalume Animación. Así mesmo aprobouse unha modificación ao convenio subscrito coa Deputación Provincial para o desenvolvemento do programa da 'Rede Cultural da Deputación da Deputación da Coruña para o 2010'. Mediante este acordo o Concello desenvolverá un Programa de música e teatro para grupos non profesionais, un Programa de música para intérpretes profesionais e un Programa de teatro e monicreques para compañías profesionais. O total do importe das actuacións incluídas no convenio é de 14.793 euros. Tamén no apartado cultural, recibiu o visto bo o programa do Verán Cultural 2010.

Por último, a Xunta de Goberno sacou adiante, no apartado de subvencións, a concesión de 300,51 euros á empresa Disgomez SL dentro do marco de Carballo Activa. Así, o Concello de Carballo pon en marcha dende 1999 as subvencións Carballo Activa, unha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. As axudas varían en función da duración do contrato e do sexo do alumnado, tendo en conta a difícil situación da muller para incorporase ou reinserirse no mercado de traballo. Neste caso concédese o importe relativo a un contrato de traballo dun mínimo de tres meses para un varón. Así mesmo, no apartado de Publicación dos Boletíns Oficiais, infórmase de que está aberto o prazo para solicitar as subvencións para a rehabilitación de vivendas no medio rural.

A Xunta de Goberno aprobou a modificación de catro e a autorización doutros cinco vaos permanentes, así como o visto bo para unha licenza de apertura, seis licenzas de obra, unha licenza de acondicionamento e apertura e tres licenzas de primeira ocupación.

Compartir: