Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a ocupación de terreos para...

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA

Aprobada a ocupación de terreos para prolongar a rúa Bos Aires da capital municipal

Martes 22 de xuño do 2010

A Xunta de Goberno supuxo, así mesmo, a adxudicación provisional do contrato administrativo de 'Subministro de enerxía eléctrica en baixa tensión do Concello de Carballo', que recaeu na empresa barcelonesa Nexus Energía SA. O prazo de duración prevista do contrato é dun ano e o financiamento do mesmo realizarase con cargo aos orzamentos dos anos 2010 e 2011. O único criterio de valoración para a adxudicación era o de ofertar unha rebaixa mínima dun 7 por cento con respecto das taxas básicas do mercado regulado de cada un dos seis subministros contratados. Os descontos ofrecidos pola empresa oscilan entre un 21 e un 9 por cento. Neste apartado tamén tivo lugar a adxudicación provisional do 'Subministro e instalación de maquinaria por lotes' para o proxecto Fórum-Carballo a Gallega de Manutención Galman SL por 22.620 euros. Neste caso trátase do lote número 3 para o 'Subministro e instalación de grúa ponte na nave nº 5, destinada a obradoiro de canteiría'.

Por último, no que se refire aos convenios, a Xunta de Goberno aprobou varios. Así, saíu adiante unha colaboración coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do programa 'Rede Cultural da Deputación para o 2010', no que están incluídos un programa de música e teatro para non profesionais, un programa de música para intérpretes profesionais e un programa de teatro e monicreques para compañías profesionais. Aprobouse un acordo coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento do VI curso de verán sobre dinamización lingüística 'Traballando en lingua, creatividade para a lingua', que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo os días 14, 15 e 16 de xullo. E tamén se subscribiu un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural (PEIM-Rural) para as seguintes actuacións: camiño Guitoi-A Contía; camiño O Picoto-Ponte Quintela; camiño Aseñado-Fonte do Cobo; camiño Castrillón-Agramaior. O importe máximo que se destinará aos traballos deste convenio é de 89.552,39 euros.

Compartir: