Inicio Carballo ao día Hemeroteca A oferta musical das festas de San Xoán...

SÁBADO 12 ÁS 21.30 HORAS

A oferta musical das festas de San Xoán 2010 arrinca co festival Rockin' na Praza do Concello

Xoves 10 de xuño do 2010

  • Sour Jazz & Daniel Rey. Sour Jazz son uns veteranos neoiorquinos que levan toda a última década facendo sonar as súas guitarras recollendo a tradición rockera da Gran Mazá. O seu último disco 'American Seizure' -en Acetate Records- segue a súa liña de cancións intensas, crúas, achegando cun toque de saxofóns a elegancia a cancións 'de barrio'. Nesta visita, Mr. Ratboy e Mr. Popular están acompañados por Daniel Rey, productor de figuras como os míticos Los Ramones, Iggy Pop ou Keith Richards, e que agora pon a segunda guitarra nesta banda.
  • Barrence Whitfield eta Petti & The Bloodyhotsak. Barrence Whitfield é un cantante de Boston con raíces soul e rockabillys que lembra o ton de lendas como James Brown ou Little Richard. Vén de unirse co navarro Petti (Juan Luis Pérez Mitxelena) e os vascos The Bloodyhotsaks para grabar un disco con temas creados por Petti e con versións de Whitfield e a conexión foi como se levasen anos gravando xuntos rock and roll. O público atopará guitarras punzantes e ritmos de baile en Petti, mentres que nos temas interpretados por Whitfield poderá percibir sons acústicos e folk nunha voz dulce e temprada.
  • Dr. Gringo. Este grupo galego formouse a finais de 2007 estando composto por Javi 'Little Gringo' na batería, o actor galego Jacobo Prieto 'J. Gringo' ao baixo e Martin 'Mr. Gringo' na guitarra e voces. Este último formou parte de diferentes bandas con compoñentes de Siniestro Total chegando a telonear a artistas da altura de Neil Young, Jethro Tull e os grandes ZZ Top nunha longa xira española no 97. Mezclan as súas influencias máis clásicas do rockabilly dos 50's co psycho dos 80's e 90's, ademais de ser grandes amantes de Elvis Presley.
  • Killer Cats. Carballo está representado no Rockin' por esta banda de rockabilly formada en abril de 2008. Todos os seus compoñentes proceden de antigas formacións locais tanto de folk como de rock. A súa música ofrece dende os sons máis clásicos ata o neorockabilly, con temas de grandes do xénero como Elvis Presley, Eddie Cochran, Stray Cats ou grupos nacionais como Gatos Locos e Los Rebeldes. Guitarras limpas e ritmos sinxelos e moi pegadizos que fan mover o corpo.

En definitiva, catro apostas de puro rock and roll para encher unha noite máis a Praza do Concello cos mellores ritmos nacionais e internacionais. Os interesados e interesadas poden consultar ás páxinas webs dos grupos nesta mesma nova, así como descargar o cartel do festival en pdf.

Compartir: