Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mabel Rivera encarna a María Callas en...

ENTRADAS Á VENDA NO MUSEO DE BERGANTIÑOS

Mabel Rivera encarna a María Callas en 'Master Class': o sábado 12 de xuño no Pazo da Cultura

Mércores 9 de xuño do 2010

Grazas a Mabel Rivera, gañadora dun Goya como mellor actriz de reparto na película 'Mar Adentro', poderemos desfrutar dunha boa interpretación, ademais de enfrontar a unha personaxe histórica como María Callas, unha das artistas máis abraiantes do século XX. Xunto a Mabel Rivera participan actores de gran traxectoria como Lino Braxe ou María Torres, que os acompañan nos papeis líricos cantantes de importante traxectoria como Carmen Subrido, Laura Alonso ou Francisco Prado. 'Master Class' estreouse por vez primeira hai 15 anos nos teatros de Broadway e foi merecedora do premio Tony 1996 ao mellor espectáculo teatral. Agora, grazas á tenacidade de Mabel Rivera, vén de estrearse en Ferrol unha nova versión, preludio dunha xira por 14 vilas galegas e por outros teatros de España ao longo do ano 2010.

Os interesados e interesadas aínda poden mercar as entradas para o espectáculo:

  • Reserva previa (máximo 4 entradas por persoa): do 3 ao 5 de xuño no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, s/n
    CP. 15.100 - Carballo; tlfno: 981 702 077). Horario: Mañás: 12.00h a 14.00h// Martes e xoves: 18.00h a 21.00h//Mércores e Venres: 18.00h a 20.00h// Sábados: 11.00h a 14.00h// Luns pechado.
  • Recollida de reservas e venda anticipada: do 8 ao 11 de xuño no Museo de Bergantiños.
  • Venda de entradas restantes: Despacho de billetes do Pazo da Cultura o sábado 12 de xuño de 19.00 a 21.00 horas.

Compartir: