Inicio Carballo ao día Hemeroteca As infraccións penais e os delictos e...

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

As infraccións penais e os delictos e faltas rexistrados no termo municipal descenderon durante o ano 2009

Venres 11 de xuño do 2010

Aos datos presentados pola Garda Civil, hai que achegar os apuntados no balance da Policía Local e de Protección Civil de Carballo no ano 2009, dos que tamén se falou na xuntanza. Así, no informe da Policía reflíctese que o ano pasado se rexistrou unha tendencia positiva en canto á mellora da seguridade, e que baixaron tanto o número de accidentes de tráfico (con 30 menos respecto de 2008) como os peóns feridos en accidentes de circulación (con 10 menos respecto ao ano anterior). Respecto das alcolemias positivas, por exemplo, experimentouse un lixeiro incremento respecto de 2008. En cando ao índice de delincuencia, o informe da Policía Local apunta que é "bo", aínda que en determinadas épocas do ano prodúcese un incremento nalgúns tipos de delictos, cunha maior incidencia da venda de droga en zonas marxinais. En canto ás intervencións rexistradas por Protección Civil en 2009, téñense rexistrado un total de 349 emerxencias tanto en Carballo como noutros puntos de Bergantiños.

A maioría delas refírense a limpezas de vía relacionadas con accidentes de circulación (187), aínda que tamén hai que destacar 33 incendios forestais e tamén 20 incendios urbanos, nos que o Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida) colaborou activamente co Parque Comarcal de Bombeiros. Hai que subliñar, así mesmo, a incidencia o ano pasado do ciclón Klaus, causa de numerosas mobilizacións. Son algunhas das principais conclusións dunha Xunta Local de Seguridade na que estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como anfitrión; o Subdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura; a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia, Ana Mª Lado Eiriz; ou o Coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Benedito González Delgado. Así mesmo, estivo presente o Concelleiro de Seguridade, Benedito Viña; o Sarxento Xefe da Policía Local Constantino Vázquez; o Capitán da Garda Civil de Carballo Francisco Vidal Ramos; ou o responsable local do servizo de Protección Civil, Francisco Javier Souto Facal, entre outros representantes das forzas de seguridade.

Compartir: