Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación provisional do contrato para...

CONVENIO COA DEPUTACIÓN PARA O SOSTEMENTO DO GRUMIR

Adxudicación provisional do contrato para a 'Reposición de camiños nas parroquias do Concello de Carballo'

Luns 7 de xuño do 2010

Segundo consta no convenio, o Grupo Municipal de Intervención Rápida está composto por un responsable encargado da coordinación técnica, un xefe de grupo encargado da coordinación dos operativos do grupo, dous capataces encargados da coordinación das distintas quendas e dez peóns, organizados en quendas de mañá, tarde e noite, de tal xeito que poidan estar localizables as 24 horas do día para actuar en calquera emerxencia que poida acontecer nas áreas do seu entorno. No apartado de convenios, a sesión tamén serviu para sacar adiante un acordo co Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas. Neste caso, realizará prácticas titorizadas unha alumna da titulación de Relacións Laborais cunha duración de 360 horas entre o 1 de xullo e o 10 de setembro de 2010. Segundo o convenio, a realización das prácticas polos alumnos non supón ningún tipo de relación laboral co Concello e os alumnos e alumnas están cubertos polo seguro escolar da Universidade de Santiago.

Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo, no apartado de subvencións, a concesión de 480,81 euros á empresa Construcciones Felípez Ferreiro SL dentro do marco de Carballo Activa. Así, o Concello de Carballo pon en marcha dende 1999 as subvencións Carballo Activa, unha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. As axudas varían en función da duración do contrato e do sexo do alumnado, tendo en conta a difícil situación da muller para incorporase ou reinserirse no mercado de traballo. Neste caso concédese o importe relativo a un contrato de traballo dun ano que recae nun alumno. Tamén se acordou a concesión das subvencións para a realización do programa das Festas de San Xoán 2010, así como a concesión de oito licenzas de obra e un vao permanente.

Compartir: