Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mabel Rivera abre o programa das Festas de San...

SÁBADO 12 DE XUÑO ÁS 21.00 HORAS

Mabel Rivera abre o programa das Festas de San Xoán coa representación de 'Master Class'

Luns 31 de maio do 2010

Grazas a Mabel Rivera, gañadora dun Goya como mellor actriz de reparto na película 'Mar Adentro', poderemos desfrutar dunha boa interpretación ademais de enfrontar a unha personaxe histórica como María Callas, unha das artistas máis abraiantes do século XX. Xunto a Mabel Rivera participan actores de gran traxectoria como Lino Braxe ou María Torres, que os acompañan nos papeis líricos cantates de importante traxectoria como Carmen Subrido, Laura Alonso ou Francisco Prado. 'Master Calss' estreouse por vez primeira hai 15 anos nos teatros de Broadway e foi merecedora do premio Tony 1996 ao mellor espectáculo teatral. Agora, grazas á tenacidade de Mabel Rivera, vén de estrearse en Ferrol unha nova versión, preludio dunha xira por 14 vilas galegas e por outros teatros de España ao longo do ano 2010.

O prezo da entrada é de 6 euros e as condicións de reserva e venda de entradas son as seguintes:

  • Reserva previa (máximo 4 entradas por persoa): do 3 ao 5 de xuño no Museo de Bergantiños (981 702 077)
  • Horario: Mañás: 12.00h a 14.00h// Martes e xoves: 18.00h a 21.00h//Mércores e Venres: 18.00h a 20.00h//
  • Sábados: 11.00h a 14.00h// Luns pechado.
  • Recollida de reservas e venda anticipada: do 8 ao 11 de xuño no Museo de Bergantiños.
  • Venda de entradas restantes: Despacho de billetes do Pazo da Cultura o sábado 12 de xuño de 19.00 a 21.00 horas.

Por outra banda, hai que anunciar que a próxima semana será presentado no Pazo da Cultura o programa das Festas de San Xoán 2010, e no que se expoñerán as diversas actividades programadas, como o Rockin Praza que terá lugar o sábado 12 de xuño ás 21.00 horas.

Compartir: