Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a súa I Festa...

DO XOVES 8 AO DOMINGO 11 DE ABRIL

Carballo acolle a súa I Festa Multicultural da Cervexa no marco do festival Panxea

Mércores 7 de abril do 2010

A apertura contará coa presenza de Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; de Xosé Manuel García Guillín, Concelleiro de Turismo e Promoción Económica da vila; e de representantes de Heineken España Cervezas Internacionales, patrocinadores da cita. O horario de apertura da carpa é: o xoves 8 de 19.00 a 0.00 horas; o venres 9 e sábado 10 de 12.00 a 16.00 e de 19.00 a 0.00 horas; e o domingo 11, día de peche, terá un horario de 11.00 a 17.00 horas. Ademais de gastronomía, o núcleo da Festa da cervexa tamén son os concertos, coas actuacións de grupos da zona. Así, o xoves terá lugar ás 21.00 horas a actuación de Fol de Veneno; o concerto de Killer Cats terá lugar o venres 9 ás 22.00 horas; o sábado 10 ás 23.15 horas é a quenda do concerto de Lowcos e o domingo actuarán as Cantareiras Malante ás 13.30 e ás 15.30, pechando esta primeira Oktorberfest en Carballo.

Fol de veneno son unha banda de música tradicional galega que recolle pezas de todo o territorio da Costa da Morte; Killer Cats son un grupo carballés formado en 2008 que explora os sonidos rockabilly con influencias que van dende os Stray Cats a Elvis Presley; Lowcos son unha banda carballesa que naceu hai un ano e que toca pop electrónico cun resultado fresco e orixinal; e as Cantareiras de Malante pecharán o festival cun novo toque de música tradicional. A Festa da Cervexa constitúe o prato forte desta cuarta edición de Panxea, na que xa se ten desenvolvido unha Feira Multicultural o día de Xoves Santo, acompañada por unha chocolatada popular, e que tamén ten acollido unha mostra de cine africano no Pazo da Cultura na que se reflexionou sobre temas como a inmigración, a guerra ou o cooperativismo.

Compartir: