Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno saca adiante a nova normativa de uso das...

ADSCRICIÓN DO CIRCUÍTO DE MOTOR DE BÉRTOA AO INVENTARIO

O pleno saca adiante a nova normativa de uso das instalacións deportivas e a RPT do Padroado Deportivo

Martes 30 de marzo do 2010

No apartado económico, a corporación deu por unanimidade o visto bo ao recoñecemento extraxudicial de créditos de 2010 do Padroado Deportivo Municipal por unha factura de 2.849 euros en concepto de reparación de edificios e instalacións municipais do ano 2009. Non houbo unanimidade no recoñecemento extraxudicial de créditos do exercicio 2010 do Concello, por un importe de 871.000 euros en facturas de 2009. Esta cantidade representa un 3,85 por cento do orzamento municipal. A sesión tamén serviu para que recibise o visto e prace a Conta de recadación do exercicio de 2009, cun total de 6.872.431,30 euros. Así, o pasado ano cobráronse preto de seis millóns de euros no período voluntario e máis de 230.000 euros no período executivo de cobro, sumándose, con outros conceptos, o total final. Así mesmo, os concelleiros sacaron adiante as retribucións previstas para o persoal laboral en situación de incapacidade temporal, ás que non se lles pode aplicar desconto durante os tres primeiros meses.

A corporación abordou, así mesmo, a disolución da mancomunidade de municipios de Bergantiños. Trátase dun organismo que nunca chegou a entrar en funcionamento, pero polo que o Consello de Contas solicita cada ano a xustificación de gastos. Nestes momentos, ten unha conta aberta cun capital de 275,3 euros que serán entregados á Fundación polo Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños unha vez que a entidade desapareza. Cada concello da comarca aprobará en pleno nas próximas semanas a disolución da mancomunidade. Ademais, retirouse unha proposta de acordo sobre naves industriais e outras edificacións sen licenza de chan rústico por existir xa un acordo en instancias superiores respecto deste tema, aínda que o Concello quixo deixar constancia da existencia desta proposta incluíndoa inicialmente na orde do día. No apartado de preguntas, o Goberno respondeu as formuladas por TEGA e responderá as do PP na próxima sesión.

Compartir: