Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colabora cun programa de cumprimento...

REINSERCIÓN SOCIAL

O Concello colabora cun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade

Mércores 12 de novembro do 2008

Os penados levarán a cabo -sen retribución algunha- tarefas de mantemento, conservación e limpeza de servizos e espazos públicos do Concello en horario laboral de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas no caso da Brigada de Obras e os sábados e domingos de 10.00 a 18.00 horas no caso de Protección Civil. Así, os traballadores colaborarán no coidado e limpeza de parques e xardíns, mobiliario urbano, vías ou edificios públicos, entre outros labores.

Así mesmo, a Administración Penitenciaria será a encargada de supervisar o cumprimento das penas, debendo o Concello informar de actuacións indebidas, como ausencias do lugar de traballo, baixo rendemento ou incumprimento das obrigas. A vixencia deste convenio, no que tamén participan o Ministerio del Interior e a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), é dun ano, prorrogable. Con esta iniciativa, o Concello espera favorecer a reinserción e integración social.

Compartir: