Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colabora co grupo Hábitat nunha...

MEDIO AMBIENTE

O Concello colabora co grupo Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas na costa carballesa

Martes 11 de novembro do 2008

Tralos traballos realizados con anterioridade, a perigosa especie quedara erradicada das dunas, que empezan a ser colonizadas de novo pola flora autóctona. Por este motivo, o presidente de Hábitat, Antón Vázquez Corral, solicitou unha nova colaboración para unha nova fase de erradicación desta especie no mesmo lugar, e evitar así que volte a invadir o ecosistema.

Esta nova xornada será o próximo domingo 16 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Grazas ao contedor cedido polo Concello, os restos da limpeza do Carpobrotus extraído serán depositados nun punto limpo para a sua xestión, o que se realizará trasladándoos á planta da Empresa Danigal en Sogama, no Concello de Cerceda, como xa se fixera na anterior ocasión.

Compartir: