Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas obras de reposición de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas obras de reposición de camiños nas parroquias por un importe de 114.800 euros

Martes 11 de novembro do 2008

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a inclusión no Plan de Obras e Servizos (POS) Adicional de 2008 de tres novos proxectos por un importe total de 137.659 euros. Trátase da terceira fase para a rede de saneamento en Añón -por 40.885 euros-, da terceira fase para crear unha rede de saneamento en Xoane (Goiáns) -por 37.404 euros-, e tamén da terceira fase para a rede de saneamento en Paradela (Sofán) -por 59,370 euros.

O financiamento destes proxectos farase con cargo ás baixas da Deputación na adxudicación do POS de 2008, que ascenden a 102.124 euros. O Concello carballés, pola súa banda, aportará 35.535 euros para a execución das obras, ademais dos terreos, as augas e servidumes necesarios, así como as autorizacións administrativas pertinentes.

Por último, tamén no apartado de obras, a Xunta de Goberno aprobou a certificación primeira da 'Rexeneración do camiño de acceso ao campo de fútbol de Cances' por un importe de 54.846 euros sobre dos 55.4520 do total da adxudicación. Así mesmo, nesta sesión ordinaria aprobouse a concesión de 17 vaos permanentes e de 8 licenzas de obra.

Compartir: