Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello decreta tres días de loito...

CONDOLENCIAS

O Concello decreta tres días de loito oficial polo falecemento do soldado veciño de Carballo Juan Andrés Suárez

Luns 10 de novembro do 2008

A partir de hoxe e durante tres xornadas as bandeiras da casa consistorial carballesa ondearán a media asta para render homenaxe a este veciño da localidade, que perdeu a vida o domingo 9 de novembro nun atentado suicida reivindicado por un grupo talibán. Está previsto que o corpo de Juan Andrés Suárez García chegue a Carballo e que sexa velado na vila nun tanatorio aínda por determinar.

Así mesmo, para expresar as súas condolencias e solidariedade coa dor dos familiares e amigos deste veciño carballés, o Concello convoca o martes 11 de novembro ás 12.00 horas un acto de honra no que as autoridades e os veciños e veciñas que o desexen gardarán diante da casa consistorial un minuto de silencio en lembranza de Juan Andrés Suárez.

Compartir: