Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de cen rapaces e rapazas participan...

CARBALLO SAUDABLE

Máis de cen rapaces e rapazas participan nunha Olimpiada de Atletismo para estudantes de ESO

Luns 10 de novembro do 2008

Así, os estudantes tomarán parte en diciplinas como salto de lonxitude, lanzamento de peso e xabelina, carreiras de velocidade ou relevos. Con esta xornada no 'Artai', finalizan estes encontros deportivos, que xa principiaran en maio deste ano coa celebración dunhas Olimpiadas nos institutos Alfredo Brañas e Parga Pondal cunha participación de 300 rapaces e rapazas. Ao remate da actividade, un total de 425 estudantes carballeses terán practicado deporte dentro do programa.

Os obxectivos destes encontros son fomentar e recuperar para a práctica de actividade física aos adolescentes; ocupar o tempo de ocio (recreos e horas libres) no centro de ensino en actividades deportivas; ou incrementar a cantidade de actividade física diaria e o gasto calórico. Hai que lembrar que Carballo Saudable é unha actividade promovida pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta en colaboración co Concello de Carballo.

Compartir: