Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo convoca a XI...

PROMOCIÓN DA CREACIÓN ARTÍSTICA

O Concello de Carballo convoca a XI edición do Certame fotográfico 'Xosé Manuel Eirís'

Venres 7 de novembro do 2008

O importe total dos premios e de 1.850 euros, establecéndose un primeiro premio de 700 euros e diploma, un segundo de 450 euros e diploma, e o Premio Especial Carballo dotado con 450 euros e diploma á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos. Ademais o xurado poderá conceder accesits.

As obras entregaranse en sobre pechado e estarán asinadas cun pseudónimo, non podendo figurar nelas o nome do autor. O prazo de entrega das obras é do 10 de novembro ao 24 de decembro e poden entregarse no Rexistro Concello de Carballo ou no do Pazo da Cultura. Os interesados en solicitar máis información, deben dirixirse á Concellería de Cultura no Pazo da Cultura, ao teléfono 981 704 300 ou consultar as bases que constan nesta mesma nova.

Compartir: