Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Orfeón Caixa Galicia 'Terra a...

OFERTA CULTURAL

O Orfeón Caixa Galicia 'Terra a Nosa' marca o comezo do 'Novembro con música 08'

Venres 7 de novembro do 2008

O Orfeón 'Terra a Nosa' contará na súa actuación -a partir das 21.00 horas- coa presenza do Cancionero de Palacio -do século XV e principios do XVI para a a corte dos Reis Católicos-, do Cancionero de la Colombia do Cancionero de Upsala, do Cancionero de Medinaceli -da segunda metade do século XVI- e temas de Mateo Flecha -un compositor da primeira metade do século XVI. O Orfeón está dirixido por Miro Moreira, que conta cunha grande traxectoria profesional como solista.

O programa da fin de semana do 'Novembro con música' tamén conta coa presenza da fotografía, da man da exposición 'Manuel López 1966-2006' da Deputación da Coruña. Esta mostra -que estará no Pazo da Cultura ata o 23 de novembro- recolle as obras deste fotógrafo galego nado en Boimorto, cosmopolita por oficio e vocación. As súas imaxes bríndannos a oportunidade de repasar a intensa traxectoria vital e profesional deste reporteiro gráfico cunha compilación das súas instantáneas ao longo de 40 anos.

Por último, un certame poético musical será o protagonista o sábado 8 de novembro coa 'Lembranza de Manuel Rodríguez Caamaño'. Organizado pola AC Lumieira, José Enrique Rodríguez e Javier Noya da UMC, acompañados da música de Loli Platas, Juan Cancela e César del Caño, renderán homenaxe a este intelectual carballés recentemente falecido. No Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas.

Compartir: