Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello desenvolve a campaña 'Vida...

CARBALLO SAUDABLE

O Concello desenvolve a campaña 'Vida sen tabaco' para fomentar hábitos saudables entre os veciños e veciñas do municipio

Venres 7 de novembro do 2008

Existen cinco modalidades de carteis para repartir: 'Zona para fumar', 'Permítese fumar', 'Prohibido fumar', 'Prohibido fumar agás nas zonas habilitadas' e 'Prohibida a venda de tabaco aos menores de 18 anos'. Os establecementos interesados en empregar estes carteis, poden pasar a recollelos no Museo de Bergantiños no seu horario habitual. Tamén poden descargarse en formato A4 nesta mesma nova no apartado 'documentos relacionados'.

Tamén hai que lembrar que, ademais do Concello e os hostaleiros de Carballo, nesta campaña participan diversas entidades e asociacións sectoriais do municipio, como a Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa, Asemcar (Asociación de Empresarios do polígono de Bértoa), o CCA (Centro Comercial Aberto) ou Axober (Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños), entre outras. Por último, hai que subliñar que o programa Carballo Saudable está promovido pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta en colaboración co Concello de Carballo.

Compartir: