Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os mozos e mozas do instituto Alfredo...

Os mozos e mozas do instituto Alfredo Brañas coñecen as claves do programa 'Xuventude en acción'

Xoves 6 de novembro do 2008

'Xuventude en acción' conta con tres eixos fundamentais. Por unha banda, ofrece a posibilidade de que calquera asociación de rapaces e rapazas que estea interesada en desenvolver un proxecto ou idea poida levala a cabo en colaboración con outra asociación dun país da Unión Europa dentro do marco dos Intercambios Xuvenís.

En segundo lugar, ábrese a posibilidade de que esas mesmas asociacións poidan realizar un proxecto sobre calquera tema que poida beneficiar á súa comunidade local no marco das Iniciativas Xuvenís. Por exemplo, un grupo de rapaces de Lires (Carnota) formou unha asociación para poñer en valor os camiños de percebeiros da súa vila e convertelos nun roteiro turístico.

Por último, tamén é posible participar nos programas de Voluntariado. Neste caso, calquera mozo ou moza entre 18 e 30 anos pode emprender un servizo de voluntariado europeo nun país da UE por un período de entre dous meses e un ano. O programa 'Xuventude en acción' está financiado con fondos europeos e está xestionado en Galicia pola Dirección Xeral da Xuventude, a onde se teñen que dirixir todos os rapaces e rapazas interesados. Para máis información, premer aquí.

Compartir: