Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traballa na mellora da xestión...

ANÁLISE DAFO

O Concello traballa na mellora da xestión dos servizos deportivos do municipio

Mércores 5 de novembro do 2008

Os resultados da análise reflicten que hai suficiente persoal no servizo de deportes, que os prezos públicos son vantaxosos, que hai un importante tecido asociativo, que o orzamento dedicado a Deporte é axeitado -cun 8 por cento sobre do total do Concello- ou que existe unha ampla variedade de instalacións con horarios tamén amplos. Sen embargo, este estudo tamén subliña que a comunicación cos usuarios e usuarias das instalacións debe mellorar, que o nivel de autofinanciamento dos servizos é moi baixo ou que hai que ampliar a oferta de actividades.

En conxunto, a análise aproba a xestión actual, cunha apreciación de 2,4 sobre 4 de media, e con conclusións que amosan un servizo "que en xeral está ben valorado pero no que temos que seguir mellorando facendo fincapé nas debilidades", en palabras de Evencio Ferrero. Nas próximas semanas o Goberno Local debe estudar as conclusións do estudo e tomar unha decisión sobre o futuro modelo de xestión dos servizos deportivos, cun abanico de posibilidades que pasa dende a xestión municipal directa ata a concesión a unha empresa externa, con nove modalidades a elixir que marcarán os pasos a seguir para a mellora da xestión.

Compartir: