Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aspaber inicia o proceso de limpeza e baldeado...

CARBALLO LIMPO

Aspaber inicia o proceso de limpeza e baldeado dos contedores de lixo do municipio

Venres 19 de setembro do 2008

Os traballadores de Aspaber contan cun camión especializado ‘lavacontedores’ que permite a introdución do colector no vehículo, o que facilita en gran medida os traballos de limpeza. Hai que lembrar que o Concello de Carballo favorece o mantemento dos colectores de lixo co desenvolvemento de dúas limpezas globais ao longo do ano. Por outra banda, no día de onte, os operarios de Aspaber tamén levaron a cabo o baldeado da Praza do Concello, despois da retirada do palco que presidiu este espazo durante os últimos meses para acoller as actividades do ‘Verán Cultural’.

A limpeza dos contedores do casco urbano e da zona rural do municipio completa os servizos que ofrece Carballo Limpo, no que se inclúe a recollida selectiva de lixo ou a campaña de recollida de cartón ‘Sácalle o aire’. Dentro desta iniciativa tamén está incluído o servizo do Punto Limpo, nunha campaña global de iniciativas dedicadas ao coidado do medio ambiente.

Compartir: