Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

PRAZAS ESGOTADAS

As concellarías de Servizos Sociais e Mocidade poñen en marcha un campus urbano para adolescentes de 12 a 16 anos

Venres 7 de xullo do 2023

En só un día esgotáronse as prazas para o campus urbano para adolescentes de 12 a 16 anos organizado polo Concello de Carballo, a través das áreas de Servizos Sociais e Mocidade. Esta experiencia piloto, que se desenvolverá a semana que vén no mercado municipal, ten como finalidade favorecer a conciliación das familias con fillos e fillas desas idades, que xa non teñen cabida nos campamentos infantís de verán que organizan diferentes entidades, e, en función dos resultados acadados, incluílos de cara a vindeiros anos na nosa oferta de actividades estivais.

O campus será gratuíto para as familias e desenvolverase na planta alta do mercado municipal, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00. Os/as participantes deben estar empadroados no noso concello. Se algunha familia obtén praza e finalmente decide non acudir deberá comunicalo á maior brevidade. No caso contrario quedará excluída de futuras convocatorias que poidan realizarse.

As actividades do campamento serán variadas, coa premisa de promover valores como o compañeirismo e o respecto, así como destrezas e habilidades que contribúan a fomentar o desenvolvemento integral dos/as participantes. Deste xeito, o luns será o día da creatividade; o martes, o día da maxia, cun obradoiro dirixido polo mago Kiko Pastur; o mércores, o dia do xogo popular e xigante; o xoves, o día olímpico, con xogos cooperativos por equipos, e o venres será a xornada de clausura cun festival no que haberá música, coctelería sen alcohol, glitter bar e karaoke. Os/as participantes estarán acompañados por dous monitores con experiencia.

Compartir: