Corporación municipal

Tralas eleccións municipais de 2019, estas son as catro formacións políticas con representación en Carballo coas composicións actuais dos respectivos grupos:

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, BNG

  • Evencio Ferrero Rodríguez, Alcalde
  • Belén Lendoiro Esmorís
  • Milagros Lantes Seara
  • Xosé Regueira Varela, voceiro do grupo municipal
  • Juan Manuel Seoane Collazo
  • Maruxa Suárez Cotelo
  • Luís María Lamas Álvarez
  • María Carmen Ures García
  • Marcos Xosé Trigo Facal
  • María Mar Eirís Villar
  • Miguel Ángel Vales Mallo
  • Marcos Xosé Trigo Facal
  • María Carmen Regueira Baldomir
  • Iván Andrade Tasende
PARTIDO POPULAR, PP
  • José Antonio Domínguez Pallas
  • Paula Nogueira Costa, voceira do grupo municipal
  • Rubén Lorenzo Gómez
  • José Ricardo Vilas Otero
PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL, PSOE
  • María Carmen Vila Blanco, voceira do grupo municipal
  • Valentín Costa Trillo
  • María Torres Pose
TERRA GALEGA, TEGA
  • José Bello Pallas
  • Andrés Eirís Barca, voceiro do grupo municipal

Sesións plenarias ordinarias

A corporación celebrará sesións ordinarias do pleno o último luns de cada mes ás 20.30 horas, excepto no caso do mes de agosto, pois a sesión ordinaria trasládase ao primeiro luns do mes de setembro.

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria en luns alternos (cada dúas semanas) ás 13:30 horas na Sala de Sesións de Comisións da Casa Consistorial do Concello de Carballo. No horario de verán, do 15 de xuño ao 1 de setembro, salvo modificación posterior, as sesións ordinarias celebraranse ás 13.00 horas. No caso de que o día sinalado para a sesión ordinaria coincida en día festivo, trasladarase a mesma, co mesmo carácter ordinario, para o primeiro día hábil seguinte.

Así mesmo, celebrarase sesión con carácter extraordinario cando o considere oportuno a Alcaldía, por propia iniciativa, ou a instancia da cuarta parte dos seus membros.

A Xunta de Goberno Local está conformada por:

  • Evencio Ferrero Rodríguez, Presidente
  • Belén Lendoiro Esmorís, vogal
  • Milagros Lantes Seara, vogal
  • Xosé Regueira Varela, vogal
  • Maruxa Suárez Cotelo, vogal
  • Marcos Xosé Trigo Facal, vogal
  • María Mar Eirís Villar, vogal

Compartir: