Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a cobertura temporal dunha...

Proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a educador/a familiar

Publicación das bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a educador/a familiar (grupo A, subgrupo A2) en réxime de interinidade ata a cobertura da praza vacante polo procedemento legalmente establecido.

O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP).

Publicación Bases. BOP núm. 81 de 25/04/2024. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 26/04/2024 e rematará o DÍA 03/05/2024, ambos incluídos.

Con data 24 de maio faise pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluidas. Prazo de subsanación: 3 días hábiles desde o día seguinte á publicación.

Publicación da LISTAXE DEFINITIVA de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de Técnico/a Educador/a Familiar (Grupo A, Subgrupo A2).
Comezo da fase de CONCURSO que terá lugar o xoves 6 de xuño do 2024 ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados provisionais da baremación de méritos da fase de concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Décima da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.Polo que o prazo de alegacións a baremación provisional de méritos é desde o DÍA 17/06/2024 ata o DÍA 19/06/2024, ambos incluídos.

Así mesmo, os aspirantes quedan convocados para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 1 de xullo de 2024 ás 10.00 horas no Salón de Plenos sito na planta 2ª da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Descargas

Compartir: