Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de encargado de...

Proceso selectivo de encargado de Protección Civil (OEP 2022 Extraordinaria)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de ENCARGADO DE PROTECCIÓN CIVIL, MEDIO AMBIENTE E OBRAS RURAIS incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 28 do 7 de febreiro de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o VENRES 9 DE FEBREIRO DO 2024 ÁS 10.00 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 13/02/2024 e rematará o DÍA 19/02/2024, INCLUÍDO.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 53 do 14/03/2024.

A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 15/03/2024 ata o DÍA 15/04/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira nunha (1) plaza de Encargado de Protección Civil, Medio Ambiente e Obras Rurais, incluída na OEP 2022 Extraordinaria o de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 80 do 24 de abril de 2024. A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: