Axudas de estudos para o alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS. Prazo aberto do 12 de abril ao 12 de maio
Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas, o Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e de Conservatorio Profesional de Música de Carballo.
REQUISITOS
- É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo.
- Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa anexa segundo o número de membros computables da familia.
LUGAR E PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo aberto do 12 de abril ao 12 de maio.
A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
Con cita previa chamando a:
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
- Rexistro auxiliar de Cultura 981 704 300
- Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
- Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
- Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010
INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
- No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
- De luns a venres de 11.00 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados
- Copia do libro de familia ou Certificado Literal de Nacemento
- DNI ou NIF provisional do beneficiario
- Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a ou solicitante da axuda
- No caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.
IMPRESO SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN E BASES
Poden recollerese no Pazo da Cultura ou descargarse máis abaixo.