Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Nomeamento de tribunal, listaxe definitiva de...

Nomeamento de tribunal, listaxe definitiva de admitidos/as e datas do proceso selectivo dun/ha orientador/a familiar

No documento adxunto poden consultarse a composición da comisión de valoración, a listaxe definitiva de admitidos/as e as datas do proceso selectivo para cubrir unha praza de orientador/a familiar con carácter temporal. A valoración de méritos realizarase o martes 21 de maio ás 09.30 horas e a fase de oposición celebrarase o martes 28 á mesma hora.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: