Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ampliado ata o 11 de abril o prazo para participar no concurso do cartel das festas de San Xoán 2024

Mércores 6 de marzo do 2024 Carballo ao día

A comisión de festas amplía ata o 11 de abril o prazo para participar no concurso do cartel anunciador do San Xoán 2024. Estas son as bases:
1ª.- FINALIDADE: É obxecto do presente concurso a selección do cartel que anunciará as festas de San Xoán 2024, organizadas pola Comisión de Festas de San Xoán 2024 - Asociación Cultural San Xoán, e que se celebrarán no municipio de Carballo entre o 20 e o 30 de xuño de 2024.

2ª.- PARTICIPANTES, NÚMERO DE OBRAS E TEMA: Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de idade que o desexen. Cada autor/a só poderá presentar unha obra. Non poderán participar os/as concursantes que resultaran gañadores/as nas últimas dúas edicións deste concurso.

3ª.- REQUISITOS TÉCNICOS: A técnica a utilizar será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica. A participación presupón que as/os autoras/es son as/os titulares dos dereitos de propiedade intelectual sobre a obra presentada por eles/as a este concurso e que non cederon os dereitos sobre ela a terceiros e ostentan en exclusividade os dereitos de autoría e imaxe, polo que queda eximida a organización de calquera conflito de publicación ou utilización da obra presentada e dos que puidera derivarse. Non se admiten obras xeradas por medio de intelixencia artificial ou coa participación da mesma. Si se poderán empregar na obra imaxes ou ilustracións transformadas das que se dispoñan os dereitos. Os motivos do deseño son libres, se ben deberá figurar o seguinte lema: SAN XOÁN 2024 do 20 ao 30 de XUÑO CARBALLO

4ª.- FORMATO: O cartel realizarase en vertical, e o seu tamaño deberá estar comprendido entre 40 e 55 cm. de base e 55 e 75 cm. de altura.

5ª.- PREMIO: A dotación do premio é de 500 € e está patrocinada por OPTICAL¡A ENRÍQUEZ. Á contía do premio aplicaráselle a retención fiscal correspondente. Poderá solicitárselle ao gañador/a que adapte a imaxe a distintos formatos publicitarios e incorpore logos.

6ª.- FORMA DE PRESENTACIÓN: As obras deberán gardar o anonimato da súa autoría, e presentaranse sen sinatura e baixo un pseudónimo identificador. Na parte posterior do cartel deberá constar dito pseudónimo. Cada traballo irá acompañado dun sobre pechado, que no exterior levará escrito o pseudónimo do/a autor/a, e no interior introducirase a solicitude de participación asinada (segundo o modelo que aparece nestas bases).

7ª.- LUGAR, PROCEDEMENTO E PRAZO DE PRESENTACIÓN: Os traballos deberán presentarse na Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado, dentro de un sobre ou embalaxe pechado, entre o 1 de marzo e o 11 de abril de 2024. No exterior do sobre ou embalaxe que conteña o cartel deberá constar o pseudónimo empregado no remite e ademais: CONCURSO DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN XOÁN 2024 Concellaría da Cultura Pazo da Cultura Rúa do Pan, s/n 15100 Carballo (A Coruña)

8ª.- XURADO: O xurado estará constituído por un mínimo de catro membros da Comisión de Festas e un representante do Concello de Carballo. A decisión do xurado é inapelable e adoptarase por maioría simple entre os seus membros. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o concurso.

9ª.- DEVOLUCIÓN DE OBRAS: Os orixinais que non resulten premiados poderán recollerse no Pazo da Cultura entre o 15 de xullo e o 30 de agosto de 2024, previa solicitude. Despois desta data entenderase que os autoras/es renuncian aos mesmos.

10ª.- DEREITOS DE AUTORÍA: A Comisión de Festas resérvase o dereito de publicar a obra premiada. Neste sentido, o/a autor/a renuncia a favor da Asociación Cultural San Xoán e do Concello de Carballo a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría. Así mesmo o/a autor/a facilitará ou autorizará a adaptación do cartel a outras publicacións incluídas as redes sociais.

10ª.- ENTREGA DO PREMIO: O/A autor/a premiado/a comprométese a estar presente no acto de entrega do premio. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases. Para máis info chamar ao tlf. 981 704 300. Web: www.carballo.gal

Descargas

Compartir: