Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O 32º FIOT achega a Galicia os espectáculos de figuras como Vicky Luengo, Ariadna Gil, Andrés Lima, Paco Bezerra ou Pepe Viyuela

Entre os pratos fortes figura a estrea absoluta de ‘Apaga o candil’, unha homenaxe do FIOT e Contraproducións á figura de Carlos Díaz O Xestal

Xoves 7 de setembro do 2023 Cultura

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, festexará a súa 32ª edición entre os días 28 de setembro e 31 de outubro, cun programa rico e diverso que se extenderá ao longo dun mes de funcións e actividades de mediación para todos os públicos, da man de grandes figuras ou compañías da escena actual como Vicky Luengo, Ariadna Gil, Andrés Lima, Paco Bezerra, Pepe Viyuela, Javier Gutiérrez, Kulunka Teatro, Cándido Pazó, Diego Anido o Redrum Teatro, entre moitas outras.

O FIOT presentase un ano máis como unha cita escénica que leva a singularidade no seu ADN, facendo gala da súa vontade de crecemento e de continúa evolución e mellora, en consonancia coa atención e o coidado dos seus públicos diversos. A cita consolídase como un proxecto con proxección e de futuro, que aposta pola calidade escénica e que ano tras ano conta coa complicidade do público, con máis de 10.000 espectadores e espectadoras na súa pasada edición. O FIOT é unha cita pioneira que este 2023 cumpre 32 anos tras ser recoñecido pola Fundación Contemporánea como a iniciativa cultural máis destacada de Galicia en 2022.

O letivmotiv do FIOT este 2023 será a loita contra a intransixencia. Ese INTRANSIXENTES plasmado no cartel do festival -asinado pola ilustradora carballesa Laura Tova- fala da identidade do FIOT, da súa inquietude, transixencia, transformación, xenerosidade, cambio, respecto, afectos, coidados, empatía, tolerancia, diálogo, inclusión e defensa da diversidade persoal e cultural. Un abrazo colectivo protagoniza este cartel do #32FIOT como mostra de afecto, apoio, felicidade, unidade, colaboración, solidariedade e superación, con xentes diversas en conexión, coidándose e arroupándose nun xesto de respecto e amor.

Hoxe desvelamos a programación completa nun acto no que participaron Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte e director do FIOT; Natividad González, deputada provincial de Cultura da Deputación da Coruña; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

Estrea absoluta de

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abrirá o seu Programa de sala coa estrea absoluta de Apaga o candil, espectáculo coproducido polo FIOT e Contraproducións. Cun pé no humor e outro na emoción, Candido Pazó, un dos dramaturgos galegos máis prestixiosos, narrador e admirador de Carlos Díaz O Xestal, achéganos á figura do singular contador de contos.

Esta iniciativa do FIOT é un proxecto longamente acariñado, xa que consideramos obriga propia reivindicar a figura deste carballés de adopción, pioneiro dun xénero escénico do que somos abandeirados: a narración oral. Os contos humorísticos do Xestal están arraigados na tradición rural e visibilizan os problemas sociais desde a sátira, converténdoo nunha querida figura da cultura popular galega dos últimos anos.

Neste ano que o Concello de Carballo declarou Ano do Xestal, coa implicación da institución municipal, o FIOT impulsa esta achega en forma de obra dramática coa vocación de realizar unha contribución que o poña en valor para as artes escénicas de Galicia. Apaga o candil poderá verse o venres 6 (21.00h) e o sábado 7 de outubro (20.30h) no Pazo da Cultura de Carballo e contará con interpretación en lingua de signos. A preestrea do espectáculo terá lugar no marco de FIOTeen, co alumnado de secundaria, o mércores 4.



Galería

Compartir: