Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Seis finalistas para a 7ª edición do Certame Metro Cadrado do FIOT entre as 28 propostas presentadas

Cinco das pezas, que se representarán en espazos non teatrais e singulares nos sábados de outubro, serán estreas absolutas

Xoves 10 de agosto do 2023 Cultura

 A sétima edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado xa ten propostas finalistas. Un xurado conformado por profesionais vinculados ao mundo das artes escénicas de Galicia vén de seleccionar as seis obras que formarán parte da programación do concurso, posto en marcha polo Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT. Trátase do primeiro certame de microteatro que se realizou en territorio galego e pioneiro á hora de visualizar e apoiar a creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras emerxentes.

Canta nai, canta, de Cía IONinguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera RodríguezDestilaPracer, de Espazo Vacío; O que é o raio, nin maldita idea, de SouvenirAnaké?!Edipo en 15 minutos, de Contraditoria CompañíaO mundo derrúbase e nós tomamos chocolate, de Mar Fiuza, son as pezas que formarán parte da sétima edición do Metro Cadrado unha das liñas de programación máis singulares e queridas polo público fioteiro, que pode gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais. Así, este ano as representacións terán lugar, nos sábados do mes de outubro, nunha tenda especializada en produtos gourmet e venda de viños, Adega O Lagar (DestilaPracer); nunha habitación da Pensión Rama (Canta nai, canta), na pista de skate (O que é o raio, nin maldita idea), nunha tenda-fábrica de chocolate artesanal, Chocolates Mariño (O mundo derrúbase e nós tomamos chocolate); nun taller de olería, Crúa. María Barca (Anaké?!Edipo en 15 minutos) e nunha sala común do Balneario de Carballo (Ninguén tira fotos nos enterros).

Á hora de seleccionar as propostas finalistas, o xurado tivo presente a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia, ademais do uso innovador de cultura dixital e a tecnoloxía. Todas as creacións seleccionadas, unha vez representadas, recibirán unha compensación económica de 450€ e optarán aos galardóns, outorgados polas e polos asistentes ao FIOT, de Mellor Espectáculo (150€) e Mellor Interpretación (150€).

O Micro-Escenas Metro Cadrado, o primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, naceu ao abeiro do FIOT a pasada década como unha proposta específica de apoio á creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras e creadores emerxentes.

Compartir: