Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A ilustradora carballesa Laura Tova asina a nova imaxe do FIOT, unha aperta colectiva como símbolo de loita contra a intransixencia

O festival encherá as salas, as rúas e unha morea de espazos singulares de Carballo do 28 de setembro ao 31 de outubro

Martes 4 de xullo do 2023 Cultura

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) regresará ás salas, ás rúas e a espazos singulares de Carballo para celebrar a súa 32ª edición do 28 de setembro ao 31 de outubro de 2023. Un deses espazos será o Dubra Café, onde realizamos hoxe a presentación do cartel deseñado pola ilustradora carballesa Laura Tova, que foi unha das participantes no acto xunto coa concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez; o director do FIOT, Alberto Sueiro, e o alcalde, Evencio Ferrero.

Laura Tova asina unha ilustración que mostra unha aperta colectiva para avanzar a filosofía do encontro de artes escénicas de referencia de Galicia nesta nova edición: a loita contra a intransixencia a través de personaxes que representan a empatía, o agarimo, o afecto... e que se funden nun abrazo diverso no que a Cultura e Carballo son tamén protagonistas.

Alberto Sueiro quixo poñer en valor a celebración dunha nova edición do FIOT, unha cita escénica que leva a singularidade no seu ADN. Tamén destacou a vontade de crecemento e de continúa evolución e mellora do FIOT, en consonancia coa atención e o coidado dos seus públicos diversos. Sueiro explicou que este ano o FIOT “quixo ‘vestirse de largo’ e darlle un valor engadido ao seu cartel, tratándoo como una peza artística en si mesma, firmada por una ilustradora recoñecida de orixe carballés, Laura Tova”. O director do FIOT apuntou que “a vontade do festival é abrirse e poñer en valor as diferentes manifestacións artísticas, entre elas, a ilustración, que ten un peso moi importante en Carballo, coa súa canteira de artistas de interesante proxección”. “A colaboración de Laura Tova co FIOT este 2023 cristaliza a aposta do festival pola transversalidade e a converxencia entre as diferentes artes, o feminismo, o apoio ao talento emerxente, a inclusión e o impulso da creación local”, concluíu.

O letivmotiv do FIOT este 2023 será a loita contra a intransixencia. Ese IN-TRANSI-XENTES plasmado no cartel fala da identidade do FIOT, da súa inquietude, transixencia, transformación, xenerosidade, cambio, respecto, afectos, coidados, empatía, tolerancia, diálogo, inclusión e defensa da diversidade persoal e cultural. Alberto Sueiro avanzou que “todo isto é o que transmitirán os espectáculos programados na 32ª edición do FIOT e é, tamén, o que trata de reflectir o abrazo colectivo que protagoniza o cartel que hoxe presentamos. Un abrazo colectivo como mostra de afecto, apoio, felicidade, unidade, colaboración, solidariedade e superación, con xentes diversas en conexión, coidándose e arroupándose nun xesto de respecto e amor”.

Maruxa Suárez: "O FIOT é un proxecto pioneiro e clave da cultura en Carballo”

Maruxa Suárez Cotelo, que leva anos sendo voluntaria do festival, destacou na súa intervención que “o FIOT é un proxecto pioneiro e clave da cultura en Carballo”. “Para min, é unha honra traballar agora desde o outro lado, desde a institución, para a boa consecución e a continúa expansión do FIOT, co noso compromiso firme co proxecto, que se traducirá no seu impulso, non só en termos de exhibición, senón tamén de produción e de acompañamento artístico”.

Laura Tova, asinando postais co deseño do cartel

Laura Tova, asinando postais co deseño do cartel

Pola súa banda, a ilustradora Laura Tova, presente tamén no acto, quixo expoñer o seu agradecemento por ser a artista escollida como responsable da nova imaxe do festival e avanzou, como podes ver e escoitar no vídeo, as claves da súa proposta creativa para este #32FIOT.

O FIOT traerá a Galicia espectáculos como El traje, escrita e dirixida por Juan Cavestany, con Javier Gutiérrez e Luis Bermejo como protagonistas; Forever, estrea en Galicia da nova creación de Kulunka Teatro, unha das compañías máis celebradas do teatro contemporáneo español e internacional; e O deus do pop, que supón o regreso do performer galego Diego Anido ás táboas do FIOT.

O FIOT traerá a Galicia espectáculos como El traje, escrita e dirixida por Juan Cavestany, con Javier Gutiérrez e Luis Bermejo como protagonistas; Forever, estrea en Galicia da nova creación de Kulunka Teatro, unha das compañías máis celebradas do teatro contemporáneo español e internacional; e O deus do pop, que supón o regreso do performer galego Diego Anido ás táboas do FIOT.

Vídeos

Compartir: