Cultura

Cultura

- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

EVENCIO FERRERO E MARCOS TRIGO DERON A COÑECER AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEL E POSTAL

Xa está aquí o Nadal Cultural para repartir ilusión por todo o concello

As entradas para os espectáculos do Nadal Pequespectacular estarán á venda a partir de mañá en www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226

Martes 11 de decembro do 2018

Reunión do xurado do Concurso de Postal e Cartel

Reunión do xurado do Concurso de Postal e Cartel

Aínda que a oferta é diversa e pensada para todos os públicos, as nenas e os nenos volverán ser protagonistas do Nadal Cultural, o programa de actividades culturais e lúdicas xa tradicional nas vindeiras datas festivas e que está integrado polas propostas do Concello e polas das asociacións e centros educativos. Os escenarios serán tamén os de cote: o Pazo da Cultura, as Biblioteca Rego da Balsa, o Mercado de Abastos, as rúas e prazas do municipio, as igrexas parroquiais e as sedes das entidades do tecido asociativo implicadas.

A primeira parada do programa será o 15 de decembro ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura, onde se celebrará o acto de entrega de premios do Concurso Postal e Cartel 2018, con cuxos traballos gañadores o Concello felicita as festas cada ano aos veciños. Nesta edición participaron 1.170 alumnos e alumnas de nove colexios de infantil e primaria.

  • 1° premio Cartel de Nadal: Lucía Vieites Lorenzo, de 11 anos, alumna do CEIP Bergantiños.
  • 2° premio Postal de Nadal: Niccol V. Chávez Budiño, de 10 anos, alumna do CEIP Xesús San Luís Romero.
Accésits:  
  • Yago Vidal Martínez, de 11 anos, alumno do CEIP Bergantiños.
  • Xulia Arán Paredes, de 11 anos, alumna do CEIP Canosa-Rus.   
  • Óscar Martínez Rojo, de 5 anos, alumno do CEIP  Xesús San Luís Romero.  
  • Clara Pereira Otero, de 8 anos, alumna do CEIP Canosa-Rus. 
  • Astrid Carlín Tcheza Menimo, de 3 anos, alumna do CEIP A Cristina. 
O recital Cantos de Nadal, organizado pola Concellaría de Cultura, poñeralle música ao acto. O Coro Vagalume e o Coro O Candil interpretarán un repertorio clásico de panxoliñas e cantos de maitines.

As Noitiñas de Nadal (o 21 de decembro, ás 21,00 horas) son outra das actividades destacadas do programa. As cantareiras e cantareiros das asociacións Arume de Berdillo, San Campio de Cances, O Candil e Nemeth volverán a levar as melodías propias destas datas ao adro da igrexa San Xoán Bautista, a Praza do Concello e a rúa Coruña.

NADAL PEQUESPECTACULAR

Outra das propostas máis salientables do Nadal Cultural 2018 é o Nadal Pequespectacular, que chega totalmente consolidado logo de 16 edicións. Este ano reunirá no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas, tres excelentes espectáculos de teatro, música e maxia. As entradas poderanse mercar por anticipado en www.ticketea.com, do 12 ao 28 de decembro, ou no teléfono 902 044 226 (de 9.00 a 22.00; máximo 4 por persoa). A venda directa será na billeteira do Pazo dos días de función, desde as 16.30 horas.

  • O mércores 26 de decembro a compañía rioxana El Perro Azul Teatro presentará Peter Pan y Wendy.
  • O xoves 27 o mago Cayetano Lledó ofrecerá a súa versión, en clave de ilusionismo, de Sherlock Holmes. 
  • E o venres 28 será a quenda para o concerto Cancións para desafinar, do grupo A Gramola Gominola, unha das mellores bandas de rock infantil, á fronte da que está un vello coñecido do público carballés, Paco Cerdeiras (Pakolas).

Coas Cabalgatas de Reis rematará o programa. Este ano serán nove as que percorrerá todo o municipio para que os nenos e as nenas volvan ocupar as nosas prazas e rúas e a divertirse e ilusionarse coa chegada dos Magos. Todos os desfiles están organizados polas asociacións das respectivas parroquias e contan cunha subvención do Concello.

O Nadal Cultural 2018 inclúe, entre moitas outras propostas (consultar programa na ligazón adxunta*), a visita do Apalpador á Biblioteca Rego da Balsa (20 de decembro, 19.00 horas), bailes para os maiores amenizados por Rocío Pérez e Sintonía da Coruña (no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas, o 23 de decembro e o 13 de xaneiro) ou Mercarte, a exposición e obradoiros de artistas de Carballo que organiza a Asociación Crea Formas (Mercado de Abastos, 21, 22 e 23 de decembro).

PRESENTACIÓN

José Manuel Naya, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

José Manuel Naya, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

O Nadal Cultural 2018 inclúe, entre moitas outras propostas (consultar programa na ligazón adxunta*), a visita do Apalpador á Biblioteca Rego da Balsa (20 de decembro, 19.00 horas), bailes para os maiores amenizados por Rocío Pérez e Sintonía da Coruña (no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas, o 23 de decembro e o 13 de xaneiro) ou Mercarte, a exposición e obradoiros de artistas de Carballo que organiza a Asociación Crea Formas (Mercado de Abastos, 21, 22 e 23 de decembro).

Naya afirmou que “é un orgullo colaborar nestas iniciativas pensadas para os máis pequenos”. “Vemos este cartel e estas postais”, engadiu, “e queda ben claro que este patrocinio é non só unha excelente inversión para nós, senón unha maneira de crear ilusión entre os máis pequenos e de fomentar as súas cualidades”.

Ferrero deu a coñecer a relación de gañadores do concurso de postal e cartel. A todos deulles os parabéns, así como aos membros do xurado, e desexou que “este Nadal sexa un Nadal de desfrute e  de compras, porque tamén son estas datas para defender o comercio local”. O alcalde rematou a súa intervención lembrando, con humor pero tamén cunha chiscadela á esperanza, que “este ano o día 22 cadra en sábado e tamén co festival de Aspaber; e nas dúas últimas ocasións que o 22 cadrou en sábado e con ese festival, tocou a lotaría en Carballo”.

Descargas



Galería

Compartir: